| Exposición do plan de proxecto de tese |
25 horas |
Obrigatorio |
O estudantado levará a cabo unha presentación oral do seu plan de investigación para a Tese de Doutoramento nos termos que estableza a CAPD. O doutorando incluirá un resumo da súa presentación no Documento de Actividades. |
| Xornada anual de doutorandos |
10 horas |
Obrigatorio |
Cada ano realizarase unha xornada de investigación onde todos os estudantes de doutoramento de forma obrigatoria presentarán os seus últimos resultados científicos ao resto de estudantes, titores e directores de teses. |
| Seminarios científicos |
20 horas |
Obrigatorio |
A CAPD dará a coñecer para cada curso académico a lista de posibles seminarios científicos de periodicidade semanal-quincenal nos distintos grupos de investigación. Durante o período de tese, o estudantado de doutoramento asistirá aos seminarios científicos (tipo journal club) que se realicen no grupo de investigación onde estean a realizar a súa tese, así como a outros seminarios que poidan interesarlles. |
| Asistencia a congresos científicos |
80 horas |
Optativo |
O estudantado planificará esta acción de acordo co seu director e titor, segundo o seu plan de actividades, e seguindo a directrices indicadas pola CAPD. |
| Redacción dun artígo científico en inglés |
60 horas |
Obrigatorio |
Unha vez o estudantado xerase resultados na súa investigación deberá redactalos a modo de artigo científico completando todos os apartados: resumo, introdución, material e métodos, resultados, discusión e bibliografía que corresponden a este tipo de documento. Será supervisado polo seu director/a de tese. |
| Estadía de investigación |
1584 horas |
Optativo |
O estudantado realizará a súa estadía de acordo co seu director/a e titor/a, segundo o seu plan docente, e seguindo a normativa da comisión académica respecto diso. |