CB11 - Comprensión sistemática dun campo de estudo e dominio das habilidades e dos métodos de investigación relacionados con dito campo.
CB12 - Capacidade de concibir, deseñar ou crear, poñer en práctica e adoutar un proceso substancial de investigación ou creación.
CB13 - Capacidade de contribuir á ampliación das fronteiras do coñecemento a través dunha investigación orixinal.
CB14 - Capacidade de realizar unha análise crítica e de avaliación e síntese de ideas novas e complexas.
CB15 - Capacidade de comunicación coa comunidade académica e científica, e coa sociedade en xeral, sobre os seus ámbitos de coñecemento nos modos e idiomas de uso habitual na súa comunidade científica internacional.
CB16 - Capacidade de fomentar, en contextos académicos e profesionais, do avance científico, tecnolóxico, social, artístico ou cultural dentro dunha sociedade baseada no coñecemento.
Capacidades e destrezas
CA01 - Desenvolverse en contextos nos que hai pouca información específica.
CA02 - Atopar as preguntas claves que hai que responder para resolver un problema complexo.
CA03 - Deseñar, crear, desenvolver e emprender proxectos novidosos e innovadores no seu ámbito de coñecemento.
CA04 - Traballar tanto en equipo como de maneira autónoma nun contexto internacional ou multidisciplinario.
CA05 - Integrar coñecementos, enfrontarse á complexidade e formular xuízos con información limitada.
CA06 - A crítica e defensa intelectual de solucións.
Competencias xerais
CG1 - Capacidade para elaborar modelos biolóxicos e expoñer cuestións de interese científico.
CG2 - Capacidade para deseñar e executar proxectos de investigación.
CG3 - Capacidade para redactar traballos científicos.
Competencias específicas
CE1 - Capacidade de desenvolver e aplicar biomarcadores en estudos biolóxicos.
CE2 - Coñecemento dos principios da enzimoloxía comparada.
CE3 - Capacidade de aplicar os conceptos da xenética de poboacións e a citoxenética a diversas especies (acuáticas, humanos, virus).
CE4 - Coñecemento dos fundamentos da evolución molecular.
CE5 - Capacidade de levar a cabo análise da expresión xénica.
CE6 - Capacidade de modelizar procesos inmunitarios.
CE7 - Capacidade de desenvolver aplicacións en nanomedicina e resposta inmune.
CE8 - Coñecemento das bases da análise bioinformática.
CE9 - Coñecemento das bases da epidemioloxía xenética da resistencia a antimicrobianos.
CE10 - Capacidade de desenvolver aplicacións de biotecnoloxía de prantas leñosas.
CE11 - Coñecemento das técnicas de análise e diagnóstico en parasitoloxía.
CE12 - Coñecemento das técnicas de estudo de neurotransmisores: microdiálise cerebral e HPLC.
CE13 - Capacidade para poder levar a cabo análise química e entender os efectos fisiolóxicos das biotoxinas e contaminantes ambientais e alimentarios.
CE14 - Capacidade de aplicar selección e mellora xenética de microorganismos de aplicación industrial.
Competencias transversais
CT1 - Capacidade para expoñer traballos científicos, particularmente en lingua inglesa.
CT2 - Capacidade de integración, colaboración e traballo en equipo.