Entre todos os profesores participantes no programa de doutoramento, cóntase con diversos medios materiais, localizados na súa maioría no Edificio de Ciencias Experimentais do campus de Vigo, e que inclúen:

  • Diversos laboratorios do profesorado dos grupos de investigación de Xenética, Bioquímica, Inmunoloxía, Parasitoloxía, Fisioloxía Vexetal e Animal, Parasitoloxía e Microbioloxía. En conxunto hai máis de 12 laboratorios cunha gran dotación de equipamento científico, e variado dependendo da temática de traballo.
    Os laboratorios están dotados de diverso equipamento científico, que poderán utilizar os estudantes de acordo ao seu traballo de investigación, así como a posibilidade de usar outros equipos situados nos laboratorios doutros investigadores, tras a correspondente autorización.
  • Biblioteca de Ciencias: con gran número de libros relacionados coa temática do programa de doutoramento, así como acceso a bases de datos e revistas.
  • Servizos sen fíos (conexión a internet, wifi) en todos os edificios da universidade.
  • Laboratorios de informática con diversos computadores.
  • Salas de reunións.
  • Salas de videoconferencia para permitir realizar reunións e actos docentes entre institucións afastadas.
  • Salga de audiovisuais para expoñer os traballos a unha audiencia reducida.
  • Aulas (de diversos tamaños) para poder desenvolver diversas exposicións e cursos.
  • Salón de actos e de graos: para expoñer a unha gran ou mediana audiencia as exposicións.
  • Servizo de reprografía situado no mesmo Edificio de Ciencias Experimentais.
  • Cafetería, comedor e restaurante.

Xunto á dotación de cada un dos laboratorios, a Universidade de Vigo conta co Centro de Apoio Tecnolóxico (CACTI), onde se sitúan equipos sofisticados supervisados por técnicos especializados. Todo o persoal da Universidade de Vigo, así como de fóra da mesma, poden solicitar determinadas analíticas ao persoal do devandito centro, ou utilizar os equipos en formato autoservizo se se realizou o curso de acreditación que dá autorización ao uso do mesmo.
A Universidade tamén conta con outros centros como a Estación de Ciencias Mariñas de Toralla (ECIMAT), con persoal de apoio para traballar con diversos animais mariños (peixes, moluscos, algas, etc.), así como espazos para determinados grupos de investigación.
Tamén se conta con outros edificios actualmente en construción como o Animalario e o Centro de Investigacións Biomédicas (CINBIO), ambos moi próximos ao Edificio de Ciencias Experimentais e anexos ás novas instalacións do CACTI.

Outros servizos dispoñibles para os doutorandos e profesores son:

O estudantado pode realizar a tese de doutoramento en diversas institucións, ademais da Universidade de Vigo, entre as que comunmente se atopan:

Toda a posible información sobre axudas e bolsas ao dispor dos doutorandos farase accesible a través da páxina web do programa de doutoramento, nunha sección específica de bolsas.

Previsión de recursos externos
Potenciarase a obtención de recursos externos a través de convocatorias competitivas (europeas, nacionais, ou rexionais) de financiamento para poder facilitar a mobilidade dos estudantes, así como de bolsas de viaxe dedicadas á asistencia a congresos e estadías no estranxeiro, facilitando que os doutorandos poidan obter o doutoramento europeo. No período 2009-2013 defendéronse 5 teses europeas no programa de doutoramento e prevese que esta taxa aumente nos próximos cursos.

No período 2004-2009 (solicitude de mención cara á excelencia) a proporción de doutorandos que realizaron unha estadía superior a un mes no estranxeiro foi do 24%. Destes, o 100% obtivo subvencións para a devandita estadía. Por tanto, estímase que a porcentaxe de doutorandos que poden conseguir estas axudas será alto (da orde do 80%).