Actividade Duración Carácter Descrición
Exposición do plan de proxecto de tese 25 horas Obrigatorio O estudantado levará a cabo unha presentación oral do seu plan de investigación para a Tese de Doutoramento nos termos que estableza a CAPD. O doutorando incluirá un resumo da súa presentación no Documento de Actividades.
Xornada anual de doutorandos 10 horas Obrigatorio Cada ano realizarase unha xornada de investigación onde todos os estudantes de doutoramento de forma obrigatoria presentarán os seus últimos resultados científicos ao resto de estudantes, titores e directores de teses.
Seminarios científicos 20 horas Obrigatorio A CAPD dará a coñecer para cada curso académico a lista de posibles seminarios científicos de periodicidade semanal-quincenal nos distintos grupos de investigación. Durante o período de tese, o estudantado de doutoramento asistirá aos seminarios científicos (tipo journal club) que se realicen no grupo de investigación onde estean a realizar a súa tese, así como a outros seminarios que poidan interesarlles.
Asistencia a congresos científicos 80 horas Optativo O estudantado planificará esta acción de acordo co seu director e titor, segundo o seu plan de actividades, e seguindo a directrices indicadas pola CAPD.
Redacción dun artígo científico en inglés 60 horas Obrigatorio Unha vez o estudantado xerase resultados na súa investigación deberá redactalos a modo de artigo científico completando todos os apartados: resumo, introdución, material e métodos, resultados, discusión e bibliografía que corresponden a este tipo de documento. Será supervisado polo seu director/a de tese.
Estadía de investigación 1584 horas Optativo O estudantado realizará a súa estadía de acordo co seu director/a e titor/a, segundo o seu plan docente, e seguindo a normativa da comisión académica respecto diso.