Información
Este programa de doutoramento abarca unha variedade de materias en ciencias biolóxicas que inclúen bioquímica, xenética, inmunoloxía, nanomedicina, parasitoloxía, microbioloxía, biotecnoloxía e bioinformática. Algunhas das liñas de investigación que se desenvolven no programa céntranse en biomarcadores, enzimoloxía, xenética de poboacións e da conservación, evolución molecular, cancro, resposta inmune e biotoxinas, entre outras.
Se premes no recadro de abaixo poderás descargar a memoria do Programa de doutoramento.
Organización
Coordinador
Comisión académica
- Juan José Pasantes Ludeña (Presidente)
- Emilio Gil Martín (Secretario)
- Armando Caballero Rúa
- Antonio Carvajal Rodríguez
- José Manuel Faro Rivas
- Alejandro de Carlos Villamarín
- Diana Valverde Pérez