Criterios de admisión
O programa de doutoramento admitirá a un máximo de 20 alumnos por curso académico, dos cales un máximo de 5 o serán a tempo parcial.
O perfil de ingreso dos estudantes é amplo, englobando potencialmente calquera área relacionada coas ciencias da vida e as ciencias experimentais na súa vertente biolóxica.
No caso de que haxa máis solicitantes que prazas e sexa necesario facer unha selección, esta levará a cabo considerando o expediente e currículo dos aspirantes, así como a adecuación dos estudos previos ao contido do programa de doutoramento. En caso necesario poderanse levar a cabo entrevistas persoais cos aspirantes.
A orde de priorización dos criterios utilizados (coa súa contribución en % á puntuación final) será a seguinte:
- A adecuación dos estudos previos ao contido do programa de doutoramento (40%)
- Currículo (30%)
- Expediente académico (20%)
- Entrevista persoal (10%)